Poñemos hoxe punto final ao servizo especial, público e gratuito do equipo de asesoría de ALGALIA posto en marcha para informar diariamente das novidades sobre:

  • a normativa de aplicación vixente de eido estatal (BOE) e autonómico galego (DOG) en relación co estado de alarma primeiro, e coa desescalada e nova normalidade despois, centrado fundamentalmente nos eidos galego e social e
  • outros recursos e contidos centrados nas cuestións máis vencelladas co eido de política social.

Quédavos o último documento actualizado de cada un dos dous contidos.

E pechamos agradecéndovos dende todo o equipo, e tamén dende ALGALIA, o voso interese e tamén mesmo  a vosa colaboración enviándonos referencias para este traballo colaborativo en beneficio común.

Confiamos en que vos teña sido de interese e de utilidade, e, sobre todo, en non ter que activar novamente ningún mecanismo tan excepcional.

Este esforzo diario detense pero continuaremos xerando boletíns de novas sobre cuestións específicas que poidan ir xurdindo como temos feito durante todos estes anos e dun xeito especial neste, esperemos que último, estado de alarma.

Equipo de asesoría de Algalia 

Voltar