Autismo Burgos é unha asociación que leva máis de 25 anos mellorando a calidade de vida e promovendo o exercicio efectivo dos dereitos das persoas con trastornos do espectro do autismo e das súas familias na provincia de Burgos, e continúa proporcionando as persoas destinatarias apoios específicos e especializados ao longo do ciclo vital en todos os ámbitos da súa vida, xerando e compartindo coñecemento científico e promovendo o asociacionismo a favor do colectivo.
Durante o ano 2010, máis de 30 persoas, entre familias, persoas directivas e profesionais, participaron nos equipos de elaboración do Plan Estratéxico 2011-2014. No camiño quedan case 50 horas de traballo en grupo compartido e facilitado por Algalia.
Falamos con Conchita Gárate, directora xerente de Autismo Burgos e coordinadora do proceso de elaboración do Plan.
1.- Incorporar a dirección estratéxica a unha organización é unha decisión de gran calado e que require de múltiples ferramentas para facela efectiva. Que utilidade lle vedes á dirección estratéxica, e que obxectivos esperabades alcanzar coa elaboración do Plan estratéxico?
Consideramos que a dirección estratéxica é necesaria para a boa xestión dunha entidade como Autismo Burgos, aínda máis nestes tempos de criss e de incerteza ante o futuro.
Vemos útil a dirección estratéxica como guía para enfocar e abordar o desenvolvemento futuro de Autismo Burgos con criterios de efectividade, eficacia e eficiencia. O Plan estratéxico permitiunos definir de forma consensuada cales van ser nosas prioridades e obxectivos estratéxicos, así como as liñas de actuación que imos desenvolver para alcanzar as nosas metas.
Con o proceso de elaboración do Plan estratéxico esperabamos alcanzar, por unha banda, o consenso de todos os actores da organización (familias e profesionais) en aspectos clave desta, xerando un espazo para a participación e a reflexión. Por outro, pretendiamos dispoñer unha ferramenta que nos guiase durante os próximos anos.
2.- Agora que contades cunha experiencia de elaborar un plan estratéxico, que condicións entendes que debe reunir unha organización do terceiro sector para poder emprender este proceso con éxito?
Creo que a condición fundamental é contar cun equipo directivo capaz de impulsar o proceso, e idealmente, cun equipo de persoas dispostas a traballar con ilusión polo futuro da organización. Persoas abertas á creación dun espazo participativo nos que se xere unha reflexión conxunta.
3.- Cales foron os factores clave no deseño da sistemática que contribuíron favorablemente a obter os resultados esperados?
A ampla e elevada participación (tanto polo número de persoas como pola súa diversidade); a transparencia en todo o proceso; o esforzo e a calidade do traballo realizado (estudo de documentación, participación activa nas reunións, traballo individual…); o bo clima nas sesións de traballo; a seriedade no establecemento de tarefas e prazos…
Por suposto, o consultor David Pereiro, de Algalia, desempeñou un papel fundamental e moi favorable para facilitar o anteriormente exposto e garantir a consecución dos resultados esperados. O excelente apoio que prestou ao longo de todo o proceso, o seu traballo na coordinación e dinamización da participación, o deseño da sistemática de traballo… foron cuestións de grande importancia.
4.- Que fostes aprendendo durante o proceso de elaboración do plan?
A complementariedade entre os diversos actores da organización, a riqueza do traballo en equipo, a importancia de escoitar opinións diferentes, a necesidade de realizar unha análise compartida e de chegar a consensos, a conveniencia de xerar debate, como xestionar mellor o coñecemento,…
5.- Autismo Burgos xa conta co seu primeiro plan estratéxico, 2011-2014. E agora que?
Por unha banda, na actualidade estamos realizando o despregamento do Plan estratéxico para implicar a todas as persoas da organización no seu desenvolvemento. Por outra, fomos moi ambiciosos á hora de definir as nosas prioridades estratéxicas e agora temos moito traballo por diante para alcanzar as nosas metas: concretar políticas, executar accións, desenvolver plans e programas…
6.- Cal é a túa opinión respecto de a contribución que pode realizar unha intervención de consultoría en organizacións do terceiro sector? Que opinión che merecea colaboración de Algalia?
Penso que a intervención dunha consultoría en organizacións do terceiro sector, e en concreto, a de Algalia, pode resultar de moita axuda. Tal e como comentaba anteriormente, a colaboración de David P. de Algalia foi fundamental para a boa marcha do proceso. Algalia achegounos a súa experiencia na elaboración de Plans Estratéxicos e na xestión de equipos de traballo, orientounos cara á reflexión e escoita, achegounos unha perspectiva máis obxectiva e externa, o contraste en relación con outras organizacións, e brindounos o seu apoio mesmo máis alá do traballo encomendado…
O desexo de Autismo Burgos é manter a colaboración con Algalia en novos proxectos que vaiamos desenvolvendo.
Celso Gándara
Xerente de Algalia Serrvizos para o Terceiro Sector