As formas en que un individuo pode influír nos demais depende de cada sistema social. Canto maior sexa a súa capacidade de influencia, maior será o seu poder.

Ander Mimenza, consultor, Coach e formador en procesos de desenvolvemento de persoas, equipos e organizacións, fala con Algalia de como esta habilidade social afecta ás nosas organizacións.

 

Que opinión tes sobre o poder?

Ao mencionar a palabra PODER é posible que se activen certas alarmas pola connotación negativa do termo. Asociamos o poder coa submisión e a xerarquía. Se alguén revela que quere posuír o poder, sufrirá sanción social, e quen o nega deixará de ser un referente para outras persoas.

O poder é pensado como unha relación negativa que impón límites e limita a liberdade. Caracterízase pola instancia da norma respecto do que é normativo, diferenciando o prohibido do permitido e perpetuándose a través da censura.

Esta concepción do poder é limitante en si mesma.

O poder non se posúe intrinsecamente. O poder exércese. E exércese na medida en que o sistema e as persoas te lexitiman para poder exercer. Pero isto non significa que o poder estea situado nun lugar ou nunha posición (por exemplo, as clases sociais). As relacións de poder son inmanentes a todo tipo de relacións e pódense exercer desde calquera lugar e status.

 

Que diferentes formas de poder existen?

As formas en que un individuo pode influír nos demais dependen de cada sistema social. Canto maior sexa a súa capacidade de influencia, maior será o seu poder.

Hai varios contextos ou formas que adopta o poder.

Ás veces, dúas frontes insisten en querer prevalecer sobre a outra, establecendo un modelo de dominación/submisión. O esquema mental  que está detrás é gañar-perder. Eu gano e ti perdes… se ti perdes, eu gano.

Un modelo máis evolucionado é o da xerarquía de dominio. Dáse unha acomodación, xeralmente consentida, de tal xeito que o sistema sexa xerárquico e o poder se distribúa de forma diferenciada. A diferenciación e a especialización teñen certas vantaxes: melloras produtivas, regras claras de distribución de recursos e privilexios, sentimento de pertenza baseado no status, redución de conflitos e loitas de poder…

Aínda que estes modelos propostos están moi presentes na nosa sociedade, tamén o está o modelo cooperativo, no que subxace o gaña-gaña. Eu gañas, ti gañas, todos gañamos.

Non cómpre lembrar que un valor da economía social é precisamente esta construción dun nós integrador e cooperativo. Este modelo baséase no cuestionamento e modificación participativa de estruturas e modelos de goberno preexistentes e asimilados.

 

Como saber canto poder de influencia teño na miña organización?

Algunhas pistas que poden axudarche a responder a esta pregunta:

  • Potestas. É a forza que emana da lexitimidade formal. Identifica a área de influencia que che aporta o teu rol funcional. Descubre como é vinculante a túa opinión sobre as decisións que afectan á xestión dos recursos, ás tarefas das persoas, etc.
  • Auctoritas. Refírese á lexitimidade socialmente recoñecida. Observa como te escoitan cando das a túa opinión, que suxestións túas se apoian, ata que punto eres referencia e exemplo para outras persoas.
  • Estatus baseado no valor recoñecido. É a achega ao que se valora na entidade. Descobre cal é a túa valiosa contribución e que merece o teu recoñecemento.

 

Que necesito para influír na miña organización?

En definitiva, diría que para influír na nosa organización é necesario:

  • Querer. Desexar influír sen medo no que dirán. A vontade de exercer o poder como unha valiosa contribución para toda a organización e os seus membros.
  • Saber. Ter o coñecemento que che faga engadir valor. Actitudes, comportamentos e coñecementos, valorados polas demais persoas e pola organización.
  • Poder. Posuír a lexitimidade real e efectiva para actuar. É a capacidade de levar a cabo accións.

 

Escoita o que o noso coach Ander Mimenza, ten que contarche sobre o Programa VIRADA

Voltar