Recentemente ampliouse a posibilidade de seguir adquirindo bens necesarios para combater os efectos da Covid-19 a algunhas entidades. Esta ampliación está detallada na Disposición Adicional Primeira do  RDL 7/2021.

Como queda?

Entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2021 aplicarase o tipo de IVE do 0% a calquera compra (nacional, intracomunitaria ou importación) de bens necesarios para combater os efectos do COVID-19 (que figuren no Anexo que acompaña ao RDL 7/2021, por exemplo máscaras, luvas, proteccións faciais monos, etc.).

Este tipo de IVE poderá ser aplicado nas compras realizadas por entidades públicas pero tamén por entidades sen fin de lucro que se consideren entidades de carácter social conforme á normativa do IVE (artigo 20.Tres da Lei 37/1992).

Lembramos que esta condición adquírese de maneira automática por aquelas entidades sen fins de lucro (asociacións, federacións, confederacións, fundacións) que presten servizos de asistencia social, servizos deportivos ou outros servizos de interese cultural (tal e como se definen no artigo 20.Un apartados 8º, 13º e 14º da Lei 37/1992) e que, ademais, cumpran estes tres requisitos:

  • Carecer de finalidade lucrativa e dedicar, no seu caso, los beneficios eventualmente obtidos ao desenvolvemento de actividades exentas de idéntica natureza.
  • Os cargos de presidente, patrón ou representante legal deberán ser gratuítos e carecer de interese nos resultados económicos da explotación por si mesmos ou a través de persoa interposta.
  • Os socios, comuneiros ou partícipes das entidades ou establecementos e os seus cónxuxes ou parentes consanguíneos, ata o segundo grao inclusive, no poderán ser destinatarios principais das operacións exentas nin gozar de condicións especiais na prestación dos servizos.

Este último requisito non se aplicará cando se trate das prestacións de servizos de servizos sociais nin de deporte ou educación física (tal e como se describen estas actividades no apartado Uno, números 8.º e 13.º do artigo 20 da lei 37/1992).

Como o RDL indica que estas vendas deberán ser documentadas con facturas co IVE  ao cero % (indicando que son vendas exentas) interpretamos que será obriga da entidade sen fin de lucro achegar unha declaración ao vendedor conforme cumpre os requisitos esixidos na  norma para a devandita emisión sen IVE e así aproveitarse deste aforro fiscal.

 

Servizo económico e xurídico de Algalia

Voltar