Nestes tempos atopar financiamento é como pregoar no deserto, o crowdfunding pode ser unha alternativa moi a ter en conta á hora de realizar o proxecto que sempre soñamos e nunca puidemos facer realidade. O crowdfunding ofrece unha nova posibilidade de financiamento.
O crowdfunding, que poderiamos traducir do inglés como financiamento en masa, consiste no financiamento colectivo de xente anónima dun proxecto que lles cativou ou interesou. Para iso a mellor plataforma para levar a cabo o crowdfunding é sen dúbida internet.
O crowdfunding podería entenderse como un mecenazgo moderno ou un sistema de donacións utilizado para múltiples propósitos. O funcionamento do crowdfunding é sinxelo: o impulsor dunha idea ou proxecto preséntaa publicamente a través dunha plataforma e os internautas que queiran poden apoiala con donacións, a cambio de recompensas que varían en función da axuda prometida. O crowdfunding involucra ao consumidor no financiamento do proxecto, polo tanto, é parte activa do proxecto ou negocio.
É un compromiso moito máis persoal que o simple feito de comprar un produto ou consumir un servizo. O consumidor non se limita a consumir, participa directamente de que ese produto ou idea poida facerse realidade. Pero para que haxa esa implicación, non só emocional, senón económica, ha de ser un proxecto que teña interese, que ofreza algo a esa comunidade que vai participar no seu financiamento, ten que haber un retorno. Polo tanto non calquera idea, proxecto ou negocio pode ser válido para o crowdfunding.
O éxito do crowdfunding é a forza do pequeno, eu aporto 5 euros, que non é moito, por non dicir case nada, pero si hai 1000 persoas dispostas a dar outros 5 euros cada un, xa estamos falando dunha cifra moi respectable para iniciar o proxecto.
Cales son as claves para que un proxecto triúnfe ou non nas plataformas?, Existe seguimento posterior sobre o proxecto? É máis importante a idea do proxecto en si ou os resultados que consiga? Son unha posible solución aos problemas de financiamento? Supoñamos que o son.
Desde un punto de vista operativo, implica necesariamente que existan proxectos que financiar, canto máis concretos e inmediatos mellor, polo que as entidades deben axustar a súa actividade a un porfolio de proxectos, máis que a unha estratexia de intervención. Este sistema a priori, sería máis útil para as pequenas ONG ou para ONG focalizadas nun proxecto ou actividade, que para as grandes.
Doutra banda, o financiamento por proxecto limita os desenvolvementos estratéxicos, que necesitan dun financiamento a longo prazo para manter a continuidade, polo que deberiamos instalarnos nun enfoque cortoplacista.
Si non conseguimos manter unha estratexia no tempo para levar a cabo a nosa misión, pode ocorrer un afastamento dos valores da entidade, recordemos que é un financiamento por proxecto non á entidade, conseguirían financiamento os proxectos que a consigan, sexan máis axustados á nosa visión ou prioridades ou non o sexan.
Desde o punto de vista do financiamento, é probablemente unha solución de curto prazo: é pan para hoxe e fame para mañá. O financiamento por proxecto financia o proxecto pero non é sostible para a ONG como tal, estariamos vinculando a supervivencia da ONG, e a da súa estrutura, á do proxecto.
Significa isto que as plataformas de crowdfunding non serven para nada? Nada diso, realmente serven para o que forondeseñadas: para financiar proxectos (que non ONG) ou iniciativas puntuais de custo relativamente baixo. É posible integralas de modo innovador creando plataformas de crowdfunding integradas nas web das ONG grandes ou nas das entidades de terceiro ou segundo nivel, con proxectos deseñados ad hoc ou que poidan adaptarse a este sistema, permitindo destinar máis financiamento aos proxectos estratéxicos. Ou tamén podemos facernos visibles e interesar a persoas que mostran ou poden mostrar interese nos nosos proxectos ou ONG.
Pero non consideramos que sexa unha alternativa viable de financiamento para o sector. A eficacia das mesmas é a novidade, a continua frecuencia de proxectos e interactividade, pero que pasaría si de súpeto aparecesen nestas plataformas centos de proxectos a ser financiados? Estarían dispostas as ONG a competir abertamente entre si? Probablemente, ter éxito, implicaría destinar medios a sensibilizar para obter os fondos, o que nos levaría de novo ao problema actual: habemos bombardeado aos cidadáns con sensibilización para xerar novos socios ou donacións, persuadímoslles sobre todo o que podían facer co seu donativo pero sen ofrecer – en moitas ocasións- resultados tanxibles sobre o que se fixo.
Existen medios de financiamento alternativos, pero esixen cambios, no noso xeito de xestionar, no noso xeito de executar e no noso xeito de relacionarnos coa sociedade, sen cambiar o que somos. Tratar de manter o status quo mentres buscamos o tesouro escondido que o financie non fai máis que dilapidar un recurso finito e prestado: O tempo.
Miguel Barbosa
Socio responsable da área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector