A modo de lista presentámosvos algúns asuntos que están trasladando desde as Delegacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) que pensamos que, a pesares de seren evidentes, poden ser relevantes á hora de organizar o traballo fiscal das entidades neste ano no que acabamos de entrar:

  1. Como xa vos teredes decatado, desaparece case na súa totalidade a Plataforma de Informativas, pasándose ao esquema de presentación que xa coñeceredes da presentación do modelo 182 –vía web-.
  2. Na presentación de modelos anuais que acabamos de facer e nas vindeiras –p.e. 190, 18, 182, 347 …- os datos fiscais das persoas físicas (NIF, apelidos e nome) teñen que coincidir plenamente cos que ten a AEAT no seu poder. Se houbese diferenza a web da AEAT rexeita o modelo por erros. IMPORTANTE: Isto implica realizar este traballo de chequeo e actualizar as bases de datos das persoas que teña a entidade –p.e. donantes, traballadores, etc-. A AEAT na súa web no apartado de “DECLARACIONES INFORMATIVAS” incluíu no seguinte icono unha opción para cotexar e arranxar as nosas bases de datos facéndoas coincidir coas da propia axencia.
  3. A WEB AEAT entra no mundo Youtube, si premedes no seguinte ICONO de DECLARACIONES INFORMATIVAS. Podedes ver en vídeos cómo modificar rexistros, eliminar detalles de rexistros e rexistros completos, engadir rexistros de declaracións anuais xa presentadas –p.e. modelo 182-.
  4. A AEAT considera pechado a implantación da Lei de Procedemento Administrativo, Común da que tantas veces vos temos falado, para entidades xurídicas. Isto significa que debemos garantir dispoñer de certificado válido, actualizalo cando haxa cambios de persoa representante –nova presidencia-, garantir a seguridade no acceso, …
  5. Subscrición avisos de notificacións: aparece unha nova opción moi interesante da web da AET: permite relacionar CIFs de obrigados tributarios con móbiles ou correos-e. Non ten efecto xurídico pero avisa de comunicacións ou notificacións. Aínda que a AEAT non se fai responsable de erros nos envíos polo que isto non exime de dispoñer dun certificado dixital nas condicións descritas no punto anterior.
  6. Modificación de prazos de presentación: en xaneiro de 2019 presentaranse os modelos 347 de 2018. IMPORTANTE: haberá que apurar a introdución de datos neste ano nun mes completo para chegar en prazo.

Jorge Rodríguez Malingre
Responsable da Área de Asesoría de Algalia S. Coop

 

Voltar