Durante o mes de febreiro, estará dispoñible unha nova actualización do  Ontimize+Integra. Con esta nova actualización, soluciónanse problemas menores vinculados principalmente cos accesos directos xerados por java, e incorpóranse importantes melloras funcionais que dan resposta algunhas das demandas que solicitastes.

As melloras funcionais contidas na nova actualización son;

  • Incorpórase a nova funcionalidade de intervención con clientes, o que nos permite rexistrar tanto intervencións individuais como grupais, indicando a orixe da mesma ( relacionado con algún obxectivo, actividade do seu plan individual, cunha incidencia etc…), ademais de poder definir outros tipos de intervención conforme o voso modelo de intervención.
  • Incorpórase unha nova funcionalidade de control de asistencia dos clientes, que nos permite de maneira áxil, levar un rexistro de clientes aos servizos.
  • Mellorouse a administración farmacolóxica, incorporando un despregable, que nos permite seleccionar o fármaco.
  • Mellorouse o rexistro de incidencias xerais de clientes, podendo asignar directamente o campo responsable a un profesional.
  • Incorporouse unha nova funcionalidade que nos permite crear os calendarios laborais e asignalos aos traballadores.
  • Incorporouse unha nova funcionalidade, que permite en función das horas efectivas anuais asignadas a cada traballador, e o seu horario, se estamos a cumprir conforme a distribución horaria coas horas planificadas.
  • Mellorouse a funcionalidade de horarios de profesionais, o que permite xerar excepcións desde un único horario, tanto para servizos como para traballadores, asi como aplicar ditas excepcións por semanas e/ou días. •
  • Xeráronse novos informes á carta vinculados a intervencións e asistencias, que nos permiten explotar por períodos dita información de maneira áxil e sinxela.

Esperamos que estas melloras axuden a mellorar a experiencia  ontimize+Integra.

Miguel Barbosa
Socio Responsable
 de Consultoría de Algalia Servizos para a Economía Social

Voltar