Aquelas entidades que no seu momento nos adherimos ao sistema de competencias conforme o XIV Convenio colectivo, e durante o 2014 realizamos a primeira avaliación para establecer a cualificación de partida dos traballadores e o posterior establecemento dun plan de mellora individual de competencias. Deberemos realizar antes do 31-12-2015 a segunda avaliación, que terá efectos económicos para as persoas traballadoras, a partir do 1 de xaneiro do 2016.
O resultado darémolo por escrito a cada traballador nun prazo máximo de tres meses dende a data da convocatoria e reflectirase nun informe detallado que será entregado ao traballador. Este informe será obxecto de contraste individualizado entre o traballador e os representantes da organización ou designados por esta.
Se a avaliación é positiva terá consecuencias económicas. Se mellorou nas súas competencias ou se alcanzou o grao de desenvolvemento competencial previsto como axeitado, se asignará ao traballador/ao Complemento de Desenvolvemento Profesional correspondente.
A contía do devandito complemento establécese no 3,7% do salario base anual de cada traballador para os supostos nos que o proceso de avaliación se realice cada tres anos. Se o proceso de avaliación se realiza en períodos inferiores, a porcentaxe a asignar será do 1,9% se a avaliación se realiza cada dous anos, e do 0,75% se se realiza anualmente.
Se a avaliación é negativa, irá acompañado dun plan de mellora (plan de formación individualizado).
Se chegado xullo de 2015 non tivésemos posto en marcha o sistema de avaliación de competencias, teremos que aboar un incremento do 3,7% dos soldos aos nosos traballadores.
Miguel Barbosa
Socio Responsable do área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector