PERMÍTESE UTILIZAR OS CERTIFICADOS DIXITAIS AÍNDA QUE ESTEAN CADUCADOS

A Axencia Tributaria (AEAT) acaba de publicar unha medida na súa web na que indica que en relación con aqueles contribuíntes cuxo certificado electrónico estea caducado ou próximo a caducar, a AEAT permite o uso dos certificados caducados na súa SEDE dacordo co previsto no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

É posible que o voso navegador habitual non volo permita, nese caso recomendámosvos que o trasladedes ao FireFox onde poderedes seguir usándoo.

Se tendes dúbidas  sobre cuestións técnicas informáticas podedes chamar aos seguintes teléfonos:

Teléfono: 901 200 347 ou 91 757 57 77.

PUBLICACIÓN DO RDL 8/2020 de 17 de marzo de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.

Onte foi publicado este Real Decreto Lei, que ten unha relevante importancia para a cidadanía, o tecido empresarial e as organizacións. Estamos traballando na súa análise e publicaremos á maior brevidade posible a información de relevancia

Jorge Rodríguez
Responsable do servicio económico de Algalia.

Voltar