Análise de parte das medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 do RDL 8-2020:
PRESTACIÓN EXTRAORDINARIA POR CESAMENTO ACTIVIDADE PARA AUTÓNOMOS:
- Duración de 1 mes ou ata final do estado de alarma
- Requisitos a cumprir:
- Estar afiliados e en alta, na data da declaración do estado de alarma.
- No caso de que a súa actividade non se vexa directamente suspendida en virtude do previsto no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, acreditar a redución da súa facturación en, polo menos, un 75%, en relación coa efectuada no semestre anterior.
- Acharse ao corrente no pago das cotas á Seguridade Social.
Somos socios cooperativistas que estamos no Réxime de Autónomos podemos acceder a esta prestación se se cumpren os requisitos anteriores?
Si, terán dereito igualmente a esta prestación extraordinaria, sempre que reúnan os requisitos establecidos.
De canto será a axuda?
A contía da prestación regulada neste artigo determinarase aplicando o 70 por cento á base reguladora. Cando non se acredite o período mínimo de cotización para ter dereito á prestación, a contía da prestación será equivalente ao 70 por cento da base mínima de cotización.
Como o xestionades?
Poñéndovos en contacto directamente coa vosa Mutua.
Algunhas direccións que xa nos facilitaron para esta xestión:
En calquera caso, consulta na web, direccións electrónicas e teléfonos que a túa Mutua habilite.
No caso de que non sepais cal é a vosa mutua poñervos en contacto co voso asesor laboral por correo electrónico para que vos facilite a información. Rogámosvos que dado o volume de consultas que estamos a recibir que verifiquedes si dispondes desta información previamente (aparece na resolución da vosa alta de autónomo, tamén é posible que vos estean enviando mails con esta información).
OBRIGACIÓN DE PRESENTAR DECLARACIÓNS TRIBUTARIAS (AÍNDA QUE COAS VANTAXES DO ADIAMENTO)
Queremos aclarar neste boletín que, no referido ás obrigacións tributarias mantense a obrigación de presentar as declaracións habituais –p.e. as que haberá que presentar en abril relativas ao primeiro trimestre- pero coa opción xa indicada no boletín do 18/03/2020 de aprazar até 30.000 euros coas vantaxes indicadas en devandito boletín.
En ALGALIA estamos preparados para atender estas obrigacións coa información que nos fagades chegar por medios electrónicos, como sempre.
SITUACIÓN DOS ADIAMENTOS E DÉBEDAS QUE XA TIÑAMOS COA AEAT ANTES DA CRISE
Aínda que o RDL analiza as múltiples situacións posibles, queremos centrarnos na máis habitual, que é que teñades concedido un adiamento ou fraccionamiento sobre algunha débeda tributaria, p.e. o IVE o 4º T.
Como quedaría ese adiamento, ou fraccionamiento, si ten data próxima, terei que abonalo?
- Se cho concederon antes do 18 de marzo: os vencimientos existentes a partir dese día e anteriores ao 30 de abril, amplíanse ata esta última data (o 30 de abril será cando chos carguen en conta).
- Solicitados antes do 18 de marzo, pero concedidos a partir dese día, a ampliación é ata o 20 de maio (o 20 de maio será cando chos carguen en conta).
En calquera caso, si tes algunha débeda diferente coa AEAT consulta co teu asesor.
CONTAS ANUAIS 2019 E AGORA QUE?
Neste período do ano estabamos todos pendentes de pechar a contabilidade de 2019, xerar contas anuais e que as empresas de auditoría fixesen a súa revisión e emitisen o seu informe preceptivo, e isto como queda?
En primeiro lugar gustaríanos presentarvos un resumo das cuestións relevantes do artigo do RDL 8-2020 que aborda esta cuestión:
Artigo 40. Medidas extraordinarias aplicables ás persoas xurídicas de Dereito privado:
- Durante o período de estado de alarma as sesións dos órganos de goberno de asociacións, fundacións (padroados), cooperativas (consellos reitores), sociedades civís e mercantís poderán celebrarse por videoconferencia, aínda que non estea previsto nos seus estatutos. A mesma regra aplicarase para as comisións que viñesen funcionando.
- Poderanse tomar acordos mediante votación por escrito.
- O prazo máximo de formulación das contas anuais e o informe de xestión esténdese por un período adicional de 3 meses desde o fin do estado de alarma.
- Si no momento en que se declarou o estado de alarma a entidade xa formulara as súas contas anuais, o prazo para cumprir coa obrigación de verificar ditas contas esténdese por un período de 2 meses desde o fin do estado de alarma.
- A Xunta Xeral Ordinaria para aprobar as contas do exercicio anterior reunirase necesariamente dentro do tres meses seguintes a contar desde que finalice o prazo para formular as contas anuais.
En consecuencia, é preciso continuar co traballo de peche, revisión, emisión de contas anuais, etc., pero tendo en conta que os prazos para os diferentes traballos ampliáronse substancialmente, por ese motivo, desde ALGALIA, queremos transmitir a tranquilidade de que as tarefas serán atendidas neses novos prazos e que envorcaremos todos os nosos esforzos en atender as cuestións relevantes que afectan á continuidade da vosa actividade de mínimos para poder recuperala canto antes.
Servizo económico de Algalia