No BOE do 10 de xullo de 2021 publicouse a Lei 11/2021, de 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra o fraude fiscal que modifica a normativa vixente que limita o pago en efectivo por debaixo dunhas contía (ata agora 2.500 euros se, polo menos, unha das partes participantes -pagador ou cobrador- era empresario ou profesional).

Como queda a nova limitación de pagos en efectivo?

Desde o 11 de xullo de 2021, data de entrada en vigor da norma, modifícase a lei 7/2012, de 29 de outubro, que limitou ata agora os pagos en efectivo, quedando esta nova limitación da seguinte forma:

  • Non poderán pagarse en efectivo as operacións, nas que algunha das partes intervenientes actúe en calidade de empresario ou profesional, cun importe igual ou superior a 1.000 euros ou o seu contravalor en moeda estranxeira.

É dicir, afecta tanto, se o empresario ou profesional cobra como se paga, independentemente de que a parte contraria sexa empresario/profesional ou non (consumidor final).

  • Este importe podería chegar aos 10.000 euros, ou o seu contravalor en moeda estranxeira, se o pagador é unha persoa física que xustifique que non ten domicilio fiscal en España e non actúe como empresario ou profesional.
  • Esta limitación afectará igualmente, desde a data indicada, anque a operación pagada/cobrada teña sido xerada (facturada) con anterioridade á entrada en vigor deste cambio legal.

Esta norma trata de reducir as operacións de fraude fiscal e tódolos empresarios ou profesionais terán que establecer mecanismos de xestión que eviten os pagos por enriba deste importe posto que, ademais, se mantén un mecanismo de sancións importantes -anque menores ao anteriormente vixente-.

Como son as consecuencias dun posible incumprimento?

Establécese unha sanción do 25% do importe abonado en efectivo (sempre que se teñan superado as limitacións explicadas anteriormente).

Ademais, permítese que, unha vez notificada a proposta de resolución de sanción e antes de ter sido notificada a resolución de sanción, se proceda ao abono da mesma cunha redución do 50% (a norma obriga a renunciar a formular alegacións e é o final da vía administrativa).

 

Servicio económico de Algalia

Voltar