Desde a proposta do programa VIRADA entendemos as emocións como un dos tres eixos centrais do mesmo, xunto coa linguaxe e o corpo, cos que están interrelacionadas.

Emoción provén do latín emovere, que está formado por ex ‘cara a fóra” e movere, “remover, sacar dun lugar, retirar”, pero tamén “sacudir”. Nesta ocasión, queremos contribuír a “sacudir”, sacar á luz e visibilizar unha emoción difícil que pode chegar a atrapar ás persoas e ás organizacións que a experimentan: a vergoña.

Falamos de que é unha emoción difícil porque non nos permite ser. A persoa que sentiu vergoña nalgún momento da súa vida, xeralmente na infancia ou adolescencia, en pequenas ou grandes situacións, puido levarlle a crer, ter a percepción subxectiva (xuízos negativos interiorizados), de que se equivocou, que fallou. Entende que non é “correcta” e foxe de ser tachada de imperfecta, chegando a experimentar comportamentos de parálises e fuxida. Por iso, a vergoña é unha emoción que tende a ser ocultada.

Trátase dunha emoción moi contaxiosa, en especial de forma non verbal. As súas expresións son o rubor, baixar ou ocultar a mirada, a ocultación do rostro, timidez, algunha forma de contracción física, acompañada de torpeza e confusión.

E é unha emoción social, isto é, para experimentala require a presenza doutras persoas. É pois, unha emoción con impacto social e relacional, como veremos máis adiante.

A vergoña ten tamén aspectos positivos. Os sentimentos que provoca teñen unha importante función autorreguladora, protexe contra condutas inconvenientes.
 

A vergoña nas organizacións

Ademais de ser vivida con maior ou menor intensidade polas persoas que integran as organizacións, é unha emoción difícil e oculta nas organizacións, aínda que veremos que con moita presenza nas mesmas.

É relevante coñecer, recoñecer e desvelar situacións vergonzantes nos equipos de traballo, a clientela, colaboradores, etc. Ditas situacións xeran impacto porque esta emoción e as súas reaccións inflúen nas relacións interpersoais e na cooperación mutua, así como na execución das tarefas encomendadas ás persoas e os equipos de traballo, influíndo, ademais, na creatividade e a innovación persoal e grupal.

Estes son algúns exemplos:

  • Ocultar información
  • Ridiculizar
  • Invisibilizar a alguén como modo de exclusión
  • Dobre castigo
  • Culpar e avergoñar

Recoñeces estas técnicas de vergoña na túa organización? Que outras identificas? Que consecuencias teñen para as persoas na túa organización? Como te posicionas ante ellas? Como pode promover a túa organización unha cultura de colaboración, empatía, apoio mutuo e orgullo?

Le o artigo completo aquí para coñecer en que consisten estas situacións e as técnicas que che permitirán atallar ou neutralizar dentro da túa organización.

Se queres afondar nesta e noutras emocións para a transformación emocional e benestar das persoas na túa organización, o programa VIRADA proporciona espazos teóricos (obradoiros formativos, proxecto de impacto organizacional) e vivenciais (encontros outdoor e sesións de coaching) para iso.

Lembra que este programa articúlase en dúas iniciativas principais:

Consulta las características de cada uno e inscríbete antes del 17 de febrero de 2023.

 

Begoña Suárez, coach de VIRADA e Xerente de AMIPA.

Voltar