Unha vez revisado o borrador da norma ISO 9001:2015, a próxima edición contará cos seguintes elementos destacados:
- Énfase nos termos “risco” (aparece 18 veces na norma) e “eficacia” (aparece 13 veces).
- Adaptación cara a un punto de vista máis “suavizado” en termos de deseño e “endurecido” en canto a elementos de enfoque de procesos
- Eliminación do manual da calidade e dun Representante da Dirección (a alta dirección agora estará baixo o escrutinio directo dos equipos de auditoría)
- Flexibilidade do sistema de documentación. Non é indispensable contar cun manual da calidade. Non obstante, os documentos necesarios para o SGC (planificación, operación e control de procesos) continúan sendo obrigatorios. Deste xeito deberíase lograr unha arquitectura de documentación simplificada e sustentada en plataformas tecnolóxicas.
- Incorporación de principios de xestión da calidade
- Axustes en terminoloxía:
- “Biens e servizos” no lugar de “produto”
- “Información documentada” e non “documento” y “rexistro”
- “Parte interesada” en vez de “cliente”
- Accesibilidade do alcance do SGC a través de información documentada no Anexo SL que inclúa os procesos principais e as áreas involucradas
- Exclusións: limitadas ao punto 7.1.4 (Calibración) e sección 8 “Operacións”
- Cambio de seccións:
- 4 “Sistemas de xestión de la calidade ” por “Contexto da organización”
- 5 “Responsabilidade da organización ”por “Liderado”
- 6 “Xestión dos recursos” por “Planificación”
- 7 “Realización do produto” por “Soporte”
- 8 “Medición, análise e mellora” por “Operación”
- Agréganse as seccións 9 “Avaliación do Desempeño” e 10 mellora”
O borrador aínda está suxeito a cambios, aínda que é pouco probable que se engadan máis requirimentos aos mencionados anteriormente. Non obstante, unha característica diferencial é a introdución da xestión do risco. Polo tanto, un bo principio para os responsables de liderar a calidade na organización, é que se familiaricen coa norma ISO 31000 Xestión de risco – Principios e directrices, pois establece os principios, o marco e proceso para a xestión de riscos, e dá unha ollada cara á arquitectura do novo estándar ISO 9001.
Miguel Barbosa
Socio Responsable do área de Consultoria de Algalia Servizos para o Terceiro Sector