Fondo de ONGs do mecanismo financeiro do espazo económico europeoO 31 de maio pasado asistimos en Madrid a unha xornada de presentación e debate do fondo de ONGs do mecanismo financeiro do espazo europeo. Detrás deste nome Que se esconde? Pois ben,

  • Este fondo de ONGs forma parte dun fondo máis grande que países que non están na Unión Europea (Islandia, Liechtenstein e Noruega), crean para contribuír á redución das disparidades sociais e económicas na Área Económica Europea.
  • A Plataforma de ONGs de Acción Social foi designada como organismo operador do mesmo. A finalidade deste fondo é fortalecer a sociedade civil e intensificar a súa contribución á xustiza social, a democracia e o desenvolvemento sostible.
  • Estes fondos canalizásense os destinatarios a través dunha convocatoria de subvencións. Previsiblemente no último trimestre do ano.
  • A orientación da convocatoria será
    • Áreas de apoio: Democracia, dereitos humanos, goberno e transparencia, democracia participativa, loita contra o racismo e a xenofobia, combater a discriminación, diferenza e desigualdade social, igualdade de xénero e violencia de xénero.
    • Parece que o elemento significativo nesta convocatoria serán os aspectos relacionados coa intercooperación de feito se establécense as seguintes áreas temáticas
      •  Reforzar os traballos en rede: Proxectos dirixidos a promover a articulación e cooperación transversal do sector no plano nacional ou no plano territorial desenvolvendo e potenciando redes e coalicións.
      • Incrementar a cooperación e o partenariado: Proxectos dirixidos a establecer sistemas de partenariado (público, privado, mercado) nos que o sector mellore o seu posicionamento, reforce os seus activos e intensifique a cooperación con outros actores.
      • Mellorar os servizos: Proxectos dirixidos a crear sistemas de cooperación e economías de escala no sector, especialmente na provisión de servizos (alianzas, fusiones,…..).
      • Máis participación e compromiso cívico: Proxectos dirixidos a fomentar iniciativas de base territorial, especialmente local e micro local, promovidas conxuntamente por varias entidades do Terceiro Sector e orientadas a fomentar o tecido social, a participación e o compromiso cívico.
    • Interpretamos que o elemento central é a intercooperación, co cal animamos as entidades non lucrativas que en caso de que estean ou pensen en abordar proxectos deste tipo vaian avanzando para que cheguen cun grao de madureza medio ao momento da convocatoria de subvencións.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar