Estamos de estrea!

Estamos de estrea!. Hai uns meses terminabamos o noso vinte aniversario e hoxe estreamos a nova web de algalia. Detrás dunha web sempre hai unha estratexia de comunicación, que fai de cada unha algo diferente e que pretende achegarnos mellor aos que xa nos coñecedes e aos que aínda non tiveron esa oportunidade.

A web que vos presentamos trata de recoller quen somos nestes momentos e quen queremos ser. Nela mostramos algúns dos elementos que conforman a nosa identidade e a forma de estar neste sector da economía social. Gustaríanos destacar algúns aspectos:

  • Mostramos máis quen somos, quen fumos e que aspiramos. Non se pode entender o que facemos sen coñecer a nosa identidade.
  • Incorporamos un deseño gráfico que nos axude a explicar mellor o valor que queremos achegar cos nosos servizos e cal é a relación que xeramos cos nosos clientes.
  • As alianzas forman parte de nós, conformando parte da nosa identidade e son un elemento de valor na provisión de servizos.
  • Coa información, cursos, axudas, queremos ofrecervos oportunidades de mellora, dunha forma práctica e didáctica.

Esperamos que este espazo de difusión, resúltevos cómodo e útil, agradecémosvos a todos os que vos relacionades connosco, a vosa confianza en todo este tempo.

Un saúdo

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar