
Desde Algalia querémosvos presentar á empresa Revertia, que pode representar unha oportunidade para moitos de vós, a hora de ampliar o equipamento informático.
Revertia presta un servizo de recollida de equipos informáticos obsoletos de empresas, para o seu posterior reciclaxe ou reutilización.
A súa misión é transformar a obriga das empresas en materia de cumprimento da normativa sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, nunha acción de responsabilidade social corporativa, ao destinar os equipos a fins sociais.
Poñen a disposición das ONL equipos informáticos en perfecto estado de uso, de forma sistemática e coa garantía de que superaron os procesos adecuados para o borrado dos discos duros e a comprobación do seu correcto funcionamento.
Para maior información, podedes consultar a súa páxina web ou contactar con eles a través do correo electrónico en [email protected].
Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector