quipos informáticos para entidades non lucrativas

Desde Algalia querémosvos presentar á empresa Revertia, que nos parece que pode ser unha oportunidade para moitos de vós, cara a ampliar equipamento informático.

Revertia presta un servizo de recolleita de equipos informáticos obsoletos a empresas, para o seu posterior reciclaxe ou reutilización.

A súa misión é transformar a obriga das empresas en materia de cumprimento da normativa sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, nunha acción de responsabilidade social corporativa, ao destinar os equipos a fins sociais.

Poñen a disposición das ONL equipos informáticos en perfecto estado de uso, de forma sistemática e coa garantía de superar os procesos adecuados para o borrado de disco duro e a comprobación do seu correcto funcionamento.

Para maior información, podedes consultar a súa páxina web ou contactar con eles en [email protected].

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar