EAPN GALICIA confia en Algalia o acompañamento para a elaboración do seu plan estratéxico

EAPN GALICIA  quere dotarse dunha folla de ruta para o 2015 que facilite os procesos de dirección e xestión da entidade, así como aproveitar o proceso para articular ás entidades membro a favor do propósito compartido.

Neste momento de incertidume respecto á natureza e alcance dos apoios que reciben as persoas en situación ou risco de exclusión social, EAPN GALICIA emprende un proceso de reflexión estratéxica co propósito de que facilite o desenvolvemento do seu fin fundacional: a incidencia no deseño de novas políticas e prácticas que contribúan á defensa dos interese das persoas en situación de pobreza e exclusión social provocando cambios que optimicen os procesos de inclusión social en Galicia.

As súas entidades membros, COGAMI, Fundación Secretariado Xitano, Down Galicia, Cáritas diocesana, Fundación Meniños, Emaús Fundación Social, Asociación Plataforma polo emprego, IGAXES3, FEAFES Galicia, Cruz Vermella, ACCEM Galicia, Galicia Acolle, Autismo Galicia, Fundación Érguete-Integración, Fundación JuanSoñador e Fundación Ronsel, contribuirán a un proceso participativo liderado por un grupo de traballo tractor, o Equipo Motor, e apoiado por grupos de debate por localidades, os Grupos de contraste.

O traballo, presencial e en liña con ferramentas colaborativas, estará finalizado antes do 30 de xullo.

David Pereiro
Socio consultor de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar