Hai tempo escribía que “a vida é unha sucesión de episodios nos que a cada persoa preséntaselle a oportunidade de comportarse como protagonista ou como vítima”.

Estamos a vivir unha pandemia, nunha pandemia, cunha pandemia… cada cursiva describe unha forma de posicionarse ante o que acontece. Cal é a túa?

A pandemia é un episodio da nosa vida cunha recorrencia non habitual no ciclo de vida dunha persoa, pero si cíclica desde a perspectiva da historia da humanidade. Vaticínannos que acontecementos deste tipo serán máis recorrentes que o de ata o de agora pola situación de colapso ao que o homo sapiens está sometendo ao planeta.

Seguramente estamos afeitos a observar na sociedade, a percibir nas nosas organizacións, a recoñecernos a nós mesmas, como protagonistas ou vítimas dos episodios da nosa vida. Por exemplo, aceptar o virus e enfrontarse a el (protagonista), ou negar a súa existencia e escapar da realidade (vítima).

A vítima adoita comportarse así:

  • Pon a súa atención fóra de si mesma, en cousas que non depende dela.
  • É unha persoa pasiva: pásanlle as cousas.
  • Bota balóns fóra: a culpa é doutra persoa, das cousas que pasan, do sistema…
  • O que lle pasa non ten que ver con ela. Non é responsable.
  • Non ten poder, capacidade de que as cousas sexan doutro xeito.
  • É esgotador para ela e a súa contorna: non hai posibilidade de reverter nada.

O protagonista condúcese deste xeito:

  • Pensa que algo poderá facer. Polo menos, pensar ou sentir de forma autónoma.
  • É unha persoa activa: promove que pasen cousas.
  • Quere a pelota: recoñece o que acontece e asume a responsabilidade da súa capacidade de acción.
  • Entende que algo do que acontece ten que ver con ela. Coida que é responsable de poder facer algo.
  • Ten poder, capacidade de que as cousas sexan doutro xeito.
  • Está esgotada: hai tanto que poder facer, tanto que loitar…

Recoñeces estes posicionamentos? Os ves na rúa, na túa organización, en ti mesma?

Como conseguir deixar de comportarse como vítima e conducirse coma protagonista? Onde se pode traballar isto? Cando facelo?

Estamos nun momento moi propicio para aprender a ser diferentes, a adaptarnos mellor aos tempos que vivimos. Agora estamos en condicións de aprender máis, con maior profundidade, máis rápido…

En VIRADA Liderado queremos acompañarte na práctica da disciplina que se require para que sexas líder da túa propia vida, e que o teu liderado soborde na organización na que participas. Falamos? Aquí tes más información: VIRADA Dossier.

 

David Pereiro. Responsable de VIRADA.

Voltar

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.