Este mércores, 28 de febreiro, deu comezo a oitava edición do programa VIRADA Liderado, coa participación de doce entidades da economía social galega.

En concreto, quince persoas vencelladas ao cooperativismo e ao terceiro sector de acción social formarán parte as próximas semanas da proposta formativa de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA, para desenvolver e fomentar o liderado en entidades de economía social.

As entidades participantes desta edición son:

  • Asociación Autismo Bata
  • Alento Asociación de Dano Cerebral
  • Unión de cooperativas Espazo Coop
  • Amipa
  • Casa Grande de Xanceda
  • Asociación Nuestra Señora de Chamorro
  • Asociación San Xerome Emiliani
  • Xegalia Galega de Xestión
  • Fademga Plena inclusión Galicia
  • Urdime S. Coop Galega
  • EVD Galicia
  • ACEESCA

O propósito de VIRADA Liderado é contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.

O programa, que finalizará o 27 de xuño de 2024, estrutúrase a través de encontros presenciais outdoor, talleres de contidos sobre sobre liderado, sesións de coaching persoal e o desenvolvemento dun proxecto de Impacto Organizacional.

 

Voltar