Hai xa un tempiño, pouco máis de 7 anos, vaia!, preguntábame: Por que non funcionamos como equipo se cada un de nós somos bos no noso? Nese post, picar aquí, daba conta de como a Metodoloxía de Roles de Equipo Belbin ofrecía claves interesantes respecto diso.
É sabido que un bo plantel de persoal non asegura de forma automática dispoñer dun bo equipo de traballo, pero confeccionar un plantel “compensado” prognostica un funcionamento de equipo satisfactorio. Que llo digan aos grandes clubs de fútbol ou baloncesto…
En 2’ poderás coñecer os roles Belbin picado aquí.
En VIRADA Equipos adoptamos Belbin como unha ferramenta de gran valor xa que consideramos que é a metodoloxía xenuína de traballo en equipo, é dicir, a súa orixe radica precisamente no estudo dos diferentes comportamentos que afloran nos equipos cando traballan en prol dun obxectivo común compartido.
Mentres que outras metodoloxías baseáronse no estudo individual da personalidade, achegándose ao ámbito equipo “xuntando as pezas” individuais, Belbin analizou desde as súas orixes o traballo do equipo, creando a súa propia ferramenta para diagnosticar as fortalezas e debilidades do equipo. Este diagnóstico constitúe un paso previo imprescindible para desenvolver un potente plan de acción que permita a calquera equipo converterse nun Equipo de Alto Rendemento, e/ou adaptarse a calquera imprevisto ou variación que se de no mesmo.
Así nolo contan na páxina de Belbin España, na que podes esculcar picando aquí.
Os equipos participantes en VIRADA Equipos contarán cunha avaliación de roles de Equipo Belbin, que inclúe informes individuais para os integrantes do equipo, e un informe de equipo. Un bo punto de partida diagnóstico para avanzar no desenvolvemento dun equipo de traballo efectivo!
David Pereiro. Responsable de VIRADA.