Retos do terceiro sector en Galicia

A partir do curso organizado por Algalia sobre “Estrategias de Sostenibilidad y supervivencia”, Jose Manuel Fresno foi analizando o longo da xornada a orixe do sistema de benestar social en España onde describiu a situación actual de crise do sistema derivado da actual conxuntura económica, pero como tamén algúns aspectos críticos son xa anteriores a crise económica.

Posteriormente analizamos como as debilidades previas a crise se ven acentuadas na actualidade como por exemplo: o marco legal inadecuado (lei de mecenado, IVE, sistemas de financiación precarios), identidade fráxil e baixa influencia política, debilidade e dependencia financeira e concentración na prestación de servizos.

A partir deste panorama Jose Manuel encarou o futuro a través dos seguintes retos:

  • Misión, posicionamento e función social: Cal é o espazo para o terceiro sector? Modelo subsidiario no caso Español-mediterraneo, modelo actor en Alemania ou modelo “Big Society” en Inglaterra. En relación as funcións de interlocución nas políticas, axente movilizador, sensibilizador e de denuncia, prestador de servizos sociais e de canal de participación das persoas excluídas. Todos necesarios?todos compatibles? Cales serían os prioritarios nestes momentos?
  • Cooperadores e competidores: Opcións excluíntes ou compatibles? Podemos ser aliados e competidores en distintos espazos (No terceiro sector de acción social, no mercado, no público) Cómo articular a cooperación?pola natureza dos problemas?polo enfoque territorial?Enfoque por grupos de destinatarios?
  • Sustentibilidade económica: novo marco de financiación (subvencións/contratos)? ¿Espazos protexidos ou preferencias? Alianzas, partenariados, economías de escala, fusións, redución de competencia interna e ineficienzas,…? Novas estratexias de financiación máis alá do público (capital risco social, innovación social sostible, bonos,…)?
  • Clientes e beneficiarios/as: Repensar a amplitude do cliente e os criterios de orientación os clientes? O cliente como subministrador de recursos materiais e inmateriais?

Seguramente estes retos non nos parezan grandes novidades nin descoñecidos. Seguramente o longo destes vindeiros anos veremos como directivos de moitas organizacións os abordaran en todo ou parte e logran dar pasos que contribúen o fortalecemento das súas entidades. Nestes momentos en moitas organizacións se está reflexionando, iniciando, planificando,… para poder ler esta nova realidade e así poder abordala e saír reforzado da mesma.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar