Hoxe, coa recentemente estreada nova normalidade en todas as comunidades, pechamos o ciclo do que chamamos Virando co virus. Esta iniciativa do Equipo VIRADA foi unha singradura de aprendizaxe confinada en estado de alarma e con porto de chegada ao final da desescalada.

Con esta navegación de cabotaxe queriamos, nestes tempos tan singulares, contribuír a propiciar contextos, accións e reflexións para a aprendizaxe. Cada semana preguntabámonos, hai alguén aí? Este esforzo está a contribuír ao noso propósito?

Queremos pechar este ciclo dunha forma compartida, dándonos a oportunidade de escoitar o eco da nosa proposta. Como facelo? Pois da man de Armando Manzanero. Si, o grande Armando Manzanero, o dos boleros… Explicámonos.

Armando Manzanero é autor de innumerables cancións que ouvimos cantar aos nosos pais e que se seguen reinterpretando en multitude de novas voces… Non hai máis que ver Wikipedia para impresionarse.

 

 

Neste momento queremos inspirarnos co seu Contigo aprendí. Case calquera cousa serve de inspiración cando a predisposición é a adecuada…

Que aprendín contigo, COVID-19, nestes meses?

Convidámosche a compartir no apartado de Comentarios, ao final desta proposta, en que es máis poderosa despois desta crise, en que caíches, que descubriches en ti, que puxeches en práctica, cal foi a túa viaxe…

Consideramos que en toda experiencia cabe unha mirada positiva, ou polo menos, esperanzada. E isto tamén é válido para algo tan duro e doloroso como o que vivimos, estamos a vivir, coa COVID-19.

Por se fixese falta, apuntamos a letra e a música de Contigo aprendí. Das súas moitas versións, prescindimos dos Alejandro Fernández, Luís Miguel, Bisbal… e decantámonos por unha viejuna e nostálxica interpretación: a dos orixinarios, porque houbo varios, Los Panchos.

 

Contigo aprendí.

Contigo aprendí que existen nuevas y mejores emociones,

contigo aprendí a conocer un mundo nuevo de ilusiones.

Aprendí que la semana tiene más de siete días,

a hacer mayores mis contadas alegrías

y a ser dichoso yo contigo lo aprendí.

Contigo aprendí a ver la luz del otro lado de la luna,

contigo aprendí que tu presencia no la cambio por ninguna.

Aprendí que puede un beso ser más dulce y más profundo,

que puedo irme mañana mismo de este mundo.

Las cosas buenas ya contigo las viví,

y contigo aprendí que yo nací el día en que te conocí.

 

 

Graciñas pola túa consideración e xenerosidade. Xa sabes que compartir é vivir…

Seguiremos en contacto! Boa sorte!

Unha forte aperta, aínda con máscara.

 

Equipo VIRADA. Ander, Itzi, Celso, Begoña e David.

 

Comentario de Itzi Garay, Equipo VIRADA

Voltar

1 comentario en “Contigo aprendín…

  1. Boas tripulación!

    Nesta travesía de confinamento desescalante aprendín:

    – Que maila o shock incicial e o tránsito por contornas VUCA, a situación supoñía unha oportunidade para seguir aprendendo, desaprendendo e reaprendendo.

    – A dialogar co medo e conectar e practicar cos seus antídotos.

    – Que dende o corpo, o movemento, a música, a biodanza… podía ampliar o foco para comprender o estaba a acontecer.

    – E algo moi importante: que neste tempo tiña magníficas compañeiras de navegación e viaxe!

    Unha aperta para todas!

    Begoña

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *