Un ano máis, VIRADA preséntase como unha proposta consolidada de calidade non só para entidades de economía social e do terceiro sector, senón para todas aquelas que queren desenvolver o liderado positivo e a mellora do rendemento das súas persoas e equipos.
O prazo de inscrición para unirse á VIII Edición de VIRADA Equipos, e á X Edición de Virada Liderazgo, en 2026, remata o vindeiro 13 de febrero.
¿Queres coñecer a experiencia da cooperativa Sacauntos na edición 2025?
Enlace ao vídeo: https://youtu.be/QzYR7c3fGEY
Cal das especialidades do Programa VIRADA interésame a min ou ao meu equipo?
VIRADA LIDERADO
Entre febreiro e xuño de 2026 desenvolverase a X Edición de VIRADA Liderazgo, co obxectivo de contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.
Coa colaboración Fundación EDE, e a contribución de Caldaria Laias para o desenvolvemento das actividades, a participación está aberta a soamente 25 persoas.
Pode cubrir a ficha de inscrición AQUÍ.
Consulte toda a información detallada AQUÍ.
VIRADA EQUIPOS
Nas mesmas datas desenvolverase a VIII Edición de VIRADA Equipos, coa fin de contribuír a que equipos naturais de organizacións da economía social, e empresas en xeral, desenvolvan competencias de liderado compartido e desempéñense con maior efectividade.
Está aberto a equipos de dirección dunha entidade, equipos técnicos, equipos de proxecto, equipos de centro ou servizo, unha xunta directiva dunha asociación, o padroado dunha fundación, un consello reitor dunha cooperativa, un equipo de innovación dunha organización, #etc…
Lembra inscribir ao teu equipo antes do 13 de febreiro de 2026 contactando co responsable do programa, David Pereiro, no correo [email protected] ou no teléfono 687 87 94 14. A participación está aberta a soamente 5 equipos!
Podes consultar toda a información detallada AQUÍ.
Non deixes que cho conten, VIRADA é unha experiencia para vivila. Esperámosche a bordo!
