ALGALIA Sociedade Cooperativa Galega subscribe os obxectivos expostos polos movementos feministas para a folga do 8 de marzo de 2019.

En coherencia cos nosos Principios Cooperativos de Transformación Social e Carácter universal nos que manifestamos a nosa vontade de desenvolver unha transformación social solidaria que contribúa á edificación dunha sociedade galega máis libre, xusta e solidaria, o Consello Reitor de ALGALIA Sociedade Cooperativa Galega subscribe os obxectivos expostos polos movementos feministas para a folga do 8 de marzo de 2019.

Con esta folga, os movementos feministas queren:

  • Pór en evidencia que sen mulleres, párase un país.
  • Denunciar a violencia machista e unha situación de distribución desigual do poder entre homes e mulleres na que os varóns teñen preeminencia en varios aspectos sobre a muller.
  • Evidenciar as cargas que soportan as mulleres.
  • Xerar alternativas feministas.

Polo tanto, a folga realizarase en catro vertentes:

  • de emprego,
  • de estudantes,
  • de coidado e
  • de consumo.

Animámosvos a reflexionar sobre esta realidade e a situarvos respecto á chamada que fan os movementos feministas. Para máis información, premer aquí.

Consello Reitor de ALGALIA S. Coop. Galega.

Voltar