Debemos a inspiración desta proposta a Victor Almonacid, quen publicou o 26 de abril de 2020 nun dos seus blogs o artigo 10 conceptos “con solera” de la Administración que han muerto durante el estado de alarma. Recomendamos a súa lectura, dispoñible premendo aquí. Graciñas, Víctor!

 

Unha metáfora de partida

As persoas máis novas non as recordarán, pero entre a Olivetti de toda a vida (recordamos que esta era a marca máis recoñecida de máquinas de escribir alá polos anos 80 do século pasado) e os primeiros Persoal Computers (PC), existiu unha máquina con pretensións de ser algo máis que se quedou en máis do mesmo: seguía a facer copias en papel.

Este ser híbrido, máquina de escribir con cable, ou PC bastante tonto, é a maquina de escribir eléctrica. Un quero e non podo. Un tuneado dun enfoque limitado.

Nos tempos da COVID-19 estamos a sentir que “toda vai cambiar”, que “entraremos nunha nova normalidade”, que “isto vén para quedarse”… E se, ao final, cambios radicais que algúns prognostican (o PC foino, certamente) quedan nun máis do mesmo decepcionante como foi a máquina de escribir eléctrica?

Queremos contribuír aos cambios transformadores, cambios de calado, cambios de paradigma… e o camiño que mostra Victor Almonacid para desvelar imposturas parécenos fascinante. A linguaxe non soamente describe a realidade nalgúns actos lingüísticos, senón que na maior parte das veces, crea realidade. Imos revisar creacións de sentido para decidir se as validamos ou reformulamos.

Continuamos citando textualmente ao noso inspirador, e logo abondaremos no sector no que decidimos centrar a nosa atención: o sector de acción social.

 

E unha presentación de partida

Almonacid escribe: “Solera se define como el “carácter tradicional de las cosas, usos, costumbres, etc…” (R.A.E.). Estamos en un momento en el que todavía tenemos que decidir, porque está en nuestra mano, si esta terrible pandemia (y sus consecuencias derivadas, como el confinamiento o la terrible crisis económica que ya está muy presente) es o no una oportunidad que vamos a aprovechar para mejorar lo público. Porque oportunidad, desde luego, es. Puede que la mejor que vayamos a tener en nuestras vidas.

Pero para que se produzca ese punto de inflexión que todos deseamos y tanto necesitamos, se requiere acción. Esta es una gran ocasión, pero una ocasión, por sí sola y por muy buena que sea, no cambia nada. Como bien entenderán los futboleros, una ocasión de gol no es un gol, ni muchísimo menos te hará ganar el partido. El mundo lo cambian las personas. La Administración también la cambiarán las personas, no los virus. Mientras pensamos todo esto, y valga en todo caso como reflexión inicial, sí podemos ir enterrando algunos conceptos clásicos, con solera y rancio abolengo en la Administración hasta ahora conocida que, aunque seguirán teniendo sus defensores, durante las últimas semanas, y como consecuencia de todo lo que venimos diciendo, han pasado a agonizar, prácticamente a morir o, en algunos casos, se ven obligados a evolucionar. Por eso mismo, junto al difunto, proponemos una palabra o concepto de sustitución”.

 

A nosa proposta

Que conceptos finados ou “finantes” identificamos no sector de accións social, e cales están chamados a ser os seus substitutos?

Atrevémonos a facer unha proposta tentativa e incompleta. Non matizamos e caracterizamos de forma estereotipada e esaxerada… é máis divertido.

 

Asistencia social

Acción de prestar asistencia a alguén que a precisa. Habitualmente prestábase a un colectivo que se denominaba pobres (os de sempre), e agora a un colectivo que se denomina vulnerables (calquera, ata nós!).

A asistencia social é unidireccional: vai de arriba a abaixo, xa que hai un arriba (eu sei, eu podo) que se enfronta asimetricamente a un abaixo (ti non sabes, ti non podes).

Este modelo mental xerador de modelos de intervención sobreprotectores e paternalistas quere presentarse como a única alternativa viable nos momentos en que a crise bate con forza nos proxectos de vida da cidadanía, en particular da máis vulnerable. A asistencia social semella que é o modelo de referencia habitual se non se mostran outras alternativas de acción.

A COVID-19 esta a poñer de manifesto que nun futuro de recursos aínda máis limitados, a acción social debe promover redes de apoio comunitario, como as que operan ao marxe do institucional administrativo nalgunhas contornas rurais activas.

A substituír por: modelos integrados, desenvolvemento comunitario, participación social, comunidade, veciñanza, contribución especializada, acción social, traballo en rede.

Usuaria

Palabra con solera onde has haxa que serve para definir a aquela persoa que ten dereito a usar unha cousa allea con certa limitación. As usuarias son obxecto de asistencia social.

O sector de acción social está en camiño de superación do modelo de asistencia social, pero esta palabra, e o seu modelo mental subxacente, resístese a ser substituído. Non acaba de aparecer a palabra aquelada…

A substituír por: clienta, participante, xefa.

Centro

Espazo arquitectónico no que pódense atopar diversos tipos de usuarias que son asistidas socialmente.

O Centro é a referencia fundamental dun modelo institucionalizador para a vida das persoas no que a os apoios aos seus proxectos persoais chegaron nalgún momento a confundirse co edificio no que se desenvolven algúns servizos.

Este referente convive dende hai tempo con experiencias de modelos alternativos, ás veces como se foran chalets adosados. A nova normalidade abrirá unha ocasión para que se abran paso outros, e ao mellor non tan novos, referentes.

As alternativas ao Centro non ocupan un espazo físico concreto. Transitan por contornas suxestivas, velan por respectar a autodeterminación e a autonomía das persoas que contan con apoios. Non se desentenden da opinión das persoas participantes, senón que cultivan o seu protagonismo.

A substituír por: instalacións, espazo, contorna, comunidade, acompañamento, recurso.

Lugar de traballo

Espazo físico de dominio profesional ubicado en Centros e ao que as usuarias se acercan en furgoneta para recibir servizos.

Debido á crise sanitaria, que esixe garantir con rigor a seguridade da poboación en xeral e das profesionais en particular, as contornas laborais físicas das organizacións precisan redefinir a súa disposición espacial. Como han de ser os lugares de traballo nunha nova normalidade onde as usuarias teñen que estar distanciadas socialmente e as profesionais protexidas por EPIs?

Semella esta unha boa ocasión para deseñar, sempre que sexan posibles, outros sistemas non presenciais de atención que permitan unha verdadeira conciliación de vida persoal e profesional, ou con presenza en diversos lugares, dentro e fóra das instalacións, ao longo de toda a xornada laboral. Todos eles compatibles coa garantía da calidade dos apoios a ofrecer a participantes.

A substituír por: teletraballo, horario continuo, flexibilidade horaria, comunicación on line.

Horas

Xornada laboral. Tempos de dedicación a maiores, non directamente proporcionais á produtividade, moi estimados por persoas directivas e que ás veces estas confunden con compromiso ou implicación coa organización, non necesariamente coa súa causa.

O feito de pasar máis horas no lugar de traballo das esixidas na xornada laboral por temor a perder o emprego especialmente en épocas de crise, é un fenómeno ao que tampouco é alleo o sector social.

A substituír por: vacante, de momento. O modelo mental da contribución por “horas” está tan presente no ámbito persoal, dos equipos, das organizacións, da sociedade (todo se mide en horas), que consideramos que estamos lonxe de poder achegar unha palabra de substitución. De momento, soamente constatamos as evidentes limitacións desta palabra son solera e a súa necesidade de revisión.

Reunión

Encontro entre dúas ou máis persoas, habitualmente profesionais, que ocupan boa parte das horas de asistencia social en Centros e nas que, ás veces, participan usuarias.

En tempos da COVID-19 descubrimos que estaban dispoñibles tecnoloxías que incorporamos ao ámbito laboral e familiar. Saturados de pantallas, semella que é relevante indagar nos para que nos xuntamos e cal é a canle máis aquelada, presencial ou virtual.

Máis que nunca cómpre deseñar as conversas para os momentos de encontro sexan de utilidade para as persoas, equipos, organizacións e sociedade.

A substituír por: conversa, espazos de conversación, art of hosting, encontro, coordinación, falar.

Formación

Solución de primeira man para cousas que non funcionan. As organizacións utilízana desde o suposto de que as cousas non van como queremos porque non sabemos o suficiente. A formación require de ferramentas: papeis, reunións, plataformas, e sobre todo, power point.

A medida do coñecemento estivo tradicionalmente vinculada a un soporte papel que encadrado podía adornar e ata vestir paredes de salóns e estudos. A “titulite” como valoración desmesurada de títulos de estudos que presuntamente garanten os coñecementos de alguén, estaba a pasar a mellor vida antes da COVID-19, e con ela, avanza a súa descomposición.

Valorando a dedicación e esforzo que reflicten tales documentos, a súa invocación por parte de profesionais que traballan no sector social para persoas, en contornas cambiantes e incertas, resulta xa pouco recomendable e operativa. Os retos que cómpre afrontar na prestación dos servizos superan tal acreditación documental.

A substituír por: aprendizaxe, comunidades de aprendizaxe, competencias, habilidades.

 

Esperamos que entendas a licenza que nos permitimos, xa que a nosa proposta ten a intención de incitar á reflexión desde certo tipo de provocación. Cremos que para ser máis xustas precisamos matizar, aínda que este verbo non estea moi de moda. Animámoste a matizar e tamén completar esta enumeración nos comentarios que poder realizar máis abaixo.

Por favor, considera que ademais de indicar que concepto con solera está en crise, resulta recomendable facer unha proposta de substitución para o presente e futuro. O que está, fai unha función. Hai que traer algo que substitúa. Non podemos quedar sen nada. Hai que propor.

 

Equipo VIRADA. Ander, Itzi, Celso, Begoña e David.

Voltar

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *