O 23 e 24 de febreiro, no Balneario de Laias, comezou a IIª edición do programa Virada_Liderado, coa realización do primeiro outdoor. Este programa que se desenvolverá ata o mes de xullo, nos permitirá navegar, polo liderado nas organizacións, unhas veces con mar en calma e outras con tempestades. Unhas veces as correntes axudarannos e noutros casos a contracorrente.

Nesta primeira edición contamos cun grupo de 14 persoas, pertencentes a   as seguintes entidades: Asoc. Alento de Dano Cerebral, International Hypopressive Institute, Asoc. San  Xerome Emiliani, EVD Galicia, Maier Ferroplast S. Coop. Galega, Asoc A Creba , Asoc Aceesca, Asoc Amipa e Asoc Andaina prol saúde mental.

Neste primeiro obradoiro, facilitado  por Ander Mimenza e David Pereiro, o grupo experimentou desde planos cognitivos, emocionais e corporais, aspectos clave no desenvolvemento do liderado como son: a forma de aprender, a zona de confort, o cambio de observador, elementos das competencias conversacionais, as declaracións básicas, a escoita,….. En fin toda unha programación de distincións, vivencias que por seguro non lles haberán deixado indiferentes e poderán ser facilitadoras de procesos de cambio e crecemento persoal, que perseguen o obxectivo de conseguir un liderado mais efectivo e satisfactorio.

Miguel Barbosa
Socio Responsable do área de Consultoría  de Algalia S. Coop. Galega 

Voltar