Doce entidades da economía social galega, en concreto as familias do cooperativismo e o terceiro sector de acción social, confiaron en VIRADA Liderado, a proposta de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA para o desenvolvemento do liderado en entidades de economía social.

Con gran satisfacción presentámosvolas.

A MARIÑA. A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña persegue desde 1999 o obxectivo común de alcanzar que aos enfermos mentais e ás súas familias présteselles unha axuda e asistencia continuada, buscando a integración dos mesmos na sociedade e na vida de comunidade, e fixando como obxectivo prioritario a súa rehabilitación psicosocial e laboral.

Esta é a súa web: picar aquí.

AGACA, a Asociación  Galega de Cooperativas Agroalimentarias, quen ten como razón de ser o canalizar todas as propostas das cooperativas agroalimentarias socias nos foros correspondentes, de modo que sentan ben representadas e defendidas.

Esta é a súa web: picar aquí.

AIRA, Sociedade Cooperativa Agroalimentaria, que é o resultado dun proceso de integración cooperativo iniciado no ano 2018 e que supuxo a fusión nunha única entidade xurídica das cooperativas  AGRIS,  ICOS,  COGASAR,  COELPLAN e a propia AIRA.

Esta é a súa web: picar aquí.

ALENTO, unha Asociación que ten por misión desenvolver programas e servizos que propicien a mellora da calidade de vida, a inclusión sociolaboral e a defensa dos dereitos das persoas afectadas por Dano Cerebral na provincia de Pontevedra.

Esta é a súa web: picar aquí.

ALGALIA. Si, nós. Estamos aquí porque cremos que o itinerario de VIRADA Liderado axúdanos a compartir unha mirada, unha forma de relacionarnos que contribúe a que sexamos unha organización máis efectiva. En cada edición, algunha das persoas que forma parte da empresa, participa.

Xa estás na nosa web! Bótalle un ollo, facemos moitas cousas…

AMIPA. Son un grupo de persoas con discapacidade intelectual, familiares, profesionais e persoas voluntarias, nunha contorna rural. Comparten un proxecto asociativo en que apoiamos e acompañamos ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e as súas familias para alcanzar unha mellor calidade de vida, xerando oportunidades desde respéctoo e a ilusión e promovendo a inclusión na comunidade nunha contorna rural.

Esta é a súa web: picar aquí.

ASPANANE. Desde 1981 a Asociación  ASPANANE traballa de forma global con persoas con discapacidade intelectual adultas, para conseguir a súa integración na sociedade e mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.

Esta é a súa web: picar aquí.

AUTISMO BATA. No seu manifesto declara: Bata formámola persoas comprometidas, que xeran oportunidades e apoios para as persoas, que promoven a inclusión para a consecución dunha plena calidade de vida, que acomodan o deseño e a adaptación de contornas que faciliten a comprensión e a comunicación, que desenvolven intervencións eficaces axustadas ás capacidades, necesidades, expectativas e intereses de cada persoa, valorando tanto os seus puntos fortes como os apoios e recursos que necesita, onde os pequenos cambios xeran grandes momentos que constrúen sorrisos, onde se salienta o importante do cotián… en definitiva, centrados na boa vida das persoas e en apoios para a cidadanía de pleno dereito.

Esta é a súa web: picar aquí.

AVELAIÑA. A razón de ser da Asociación Avelaiña é potenciar a inclusión das persoas con enfermidade mental na provincia de Pontevedra, mediante a promoción da mellora da súa calidade de vida e a dos seus familiares.

Esta é a súa web: picar aquí.

COGAMI. A misión da Confederación  Galega de  Discapacidade é conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Esta é a súa web: picar aquí.

EVD Galicia é unha institución que desde Mos e Crecente promove a dignidade de mulleres con discapacidade intelectual, facilitándolles apoios individualizados de calidade.

Esta é a súa web: picar aquí.

MAIER FERROPLAST é unha sociedade cooperativa radicada no Porriño que pertence ao Grupo  Mondragón e que é líder europea na decoración de pezas de plástico e fabricantes de sub-conxuntos técnicos para a industria do automóbil. Traballa con tecnoloxías como o cromado, a pintura, o gravado láser e o hot stamping.

Esta é a súa web: picar aquí.

 

O propósito de VIRADA Liderado é contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.

As actividades principais que estruturan o programa son:

  • Encontros presenciais outdoor.
  • Obradoiros de contido sobre liderado.
  • Coaching persoal.
  • Proxecto de Impacto Organizacional.

Graciñas pola vosa confianza! Navegamos!

 

David Pereiro. Responsable de VIRADA.

 

Voltar

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *