Catro entidades da economía social galega, en concreto do terceiro sector de acción social, confiaron en VIRADA Equipos, a proposta de ALGALIA e EDE FUNDAZIOA para o fortalecemento de equipos de entidades de economía social:
- ACEESCA, entidade que desde O Porriño, leva máis de 35 anos facilitando apoios a persoas con diversidade intelectual. Esta é a súa web: picar aquí.
- ASPABER, radicada en Carballo e que desde 1976 contribúe a que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias dispoñan dos apoios necesarios para poder desenvolver o seu proxecto de vida e lograr a súa inclusión como cidadáns. Esta é a súa web: picar aquí.
- EVD Galicia, institución que desde Mos e Crecente promove a dignidade de mulleres con discapacidade intelectual, facilitándolles apoios individualizados de calidade. Esta é a súa web: picar aquí.
- SAN XEROME EMILIANI, desde A Guarda, decláranse axentes transformadores da sociedade que loitan día a día para construír vidas con sentido, as nosas vidas. Esta é a súa web: picar aquí.
VIRADA Equipos sitúa no centro do acompañamento ás persoas e o propio equipo, como unha realidade distinta dos seus membros. É unha invitación para que o equipo reflexione, xere un pensamento crítico, e estimule diferentes puntos de vista que lle dea máis posibilidades no seu crecemento.
As actividades principais que estruturan o programa son:
- Aplicación da Metodoloxía Belbin de roles de equipo.
- Encontros presenciais outdoor.
- Talleres de contido sobre liderado.
- Coaching de equipo.
Graciñas pola vosa confianza! Navegamos!
David Pereiro. Responsable de VIRADA.