O pasado 1 de xullo España asumiu a Presidencia do Consello da Unión Europea, responsabilidade que manterá ata decembro de 2023. Este feito preséntase como unha oportunidade única para adoptar decisións políticas que poñan no centro ás persoas e á nosa contorna.

Por este motivo, a  Confederación Empresarial Española da Economía Social (Cepes) presentou este mes o documento “A economía social cara á presidencia española do Consello da Unión Europea 2023”, no que apunta ámbitos de actuación prioritarios da economía social a nivel europeo que contribúen de maneira transversal aos obxectivos xerais que se marcou a presidencia española: reindustrializar a UE e garantir a súa autonomía estratéxica aberta, avanzar na transición ecolóxica e a adaptación ambiental, e impulsar unha maior xustiza social e económica e reforzar a unidade europea.

Na súa presentación, a patronal indica a relevancia que ten o modelo empresarial de economía social, que consta, en España, de 43.192 empresas, o que supón o 10 % do PIB estatal e o que xera á súa vez 2.184.234 empregos directos e indirectos. Esta realidade empresarial esténdese a toda a UE con 2,8 millóns de empresas que empregan aproximadamente a 14 millóns de persoas e representan o 8% do PIB de comunitario.

Dado o peso deste modelo empresarial, a patronal da economía social identifica neste documento doce ámbitos de actuación que considera importantes para a Presidencia Española. Entre eles destaca situar á economía social no centro do Pilar Europeo de Dereitos Sociais para así aumentar a taxa de emprego e reducir o número de persoas en risco de pobreza e exclusión social; con vistas ás Eleccións Europeas de 2024, situar a renovación do Intergrupo de Economía Social do Parlamento Europeo como prioridade da axenda de traballo; favorecer as iniciativas europeas que faciliten unha transición verde e dixital xustas; ou reforzar a economía social na axenda exterior da Unión Europea durante a Presidencia Española do Consello europeo.

O documento de Cepes está accesible na seguinte ligazón

Voltar