Cambio e mellora dos certificados dixitaisCoa entrada en vigor dunha nova normativa comunitaria sobre identificación electrónica e transaccións electrónicas obrígase aos países membros a adaptar a súa lexislación e por tanto a mellorar os certificados electrónicos –e cambiar- cos que viñemos traballando cada vez máis desde hai tempo.

Desde marzo de 2016 a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre está expedindo os novos certificados de representante de persoa xurídica, de representante de entidade sen personalidade xurídica e de representante para administradores únicos e solidarios.

Xa se deixaron de emitir, a partir desa data, os actuais certificados de persoa xurídica e de entidade sen personalidade xurídica e non se poderán renovar os mesmos a través da páxina web, polo que só poderanse usar ata a súa caducidade ou revogación.

O que ata agora foran renovacións automáticas vía web e sen custo obrigaranos a realizar unha nova xestión e, posiblemente, asumir novos custos iniciais. Concretamente a xestión a realizar será unha das seguintes:

  1. Se se trata dun administrador único ou solidario, poderá obter o seu certificado de representante sen necesidade de acudirse nas oficinas de rexistro nin achegar documentación algunha, sempre que se identifique na páxina Web CERES, un certificado electrónico de persoa física expedido pola FNMT–RCM ou dos incluídos no DNI electrónico (a expedición do certificado queda sometido á vixencia das facultades de representación que consten no Rexistro Mercantil a favor do interesado).
  2. Si non é administrador único ou solidario, ou si non pode identificarse na páxina web como se describiu no parágrafo anterior, é preciso acudirse nunha oficina de rexistro para obter un certificado de representante, coa documentación exixible en cada caso.

Jorge Rodríguez
Socio Responsable do  área de Asesoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar