Algalia, empresa especializada en economía social, busca consultor/a económico sénior dentro do negocio de consultoría.

Buscamos persoas con experiencia en:

  • Realizar plans de viabilidade para as entidades vinculadas á economía social
  • Desenvolvemento de modelos de negocio e plans de empresa tanto para as entidades vinculadas á economía social, como para emprendedores/as.
  • Implantación de ERP de xestión (Financiación, RRHH, e Facturación).
  • Realización de proxectos de contabilidade social
  • Comercialización dos servizos da liña de consultoría.

Ofrecemos:

  • Incorporación inmediata
  • Contrato indefinido
  • Xornada completa

Para máis información podes descargar a oferta de traballo no documento adxunto. Se estás interesado podes presentar o teu CV en [email protected] indicando no asunto CONSULTOR ECONÓMICO SENIOR.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para a Economía Social

Voltar