Convocante

Consellería de Política Social

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

O establecemento das bases reguladoras e a convocatoria de axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden a fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

O contido dos programas deberá axustarse ás liñas de actuación sinaladas a seguir, segundo a tipoloxía de cada programa:

  • Liña I: actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica.
  • Liña II: actuacións de inclusión social.
  • Liña III: actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio a persoas maiores ou con discapacidade.
  • Liña IV: proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade.
  • Liña V: actuacións destinadas á xuventude.
  • Liña VI: actuacións destinadas ao voluntariado.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiairas de estas subvencións ás entidades do terceiro sector de acción social que reúnan os seguintes requisitos, sen prexuízo de cumpriren os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada liña subvencionada, se é o caso:

  1. Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico.
    • A/as entidade/s solicitantes de programas das liñas I, II, III e IV deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social.
    • A/as entidade/s solicitantes de programas da liña V deberán estar inscritas no Rexistro de Entidades Xuvenís da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social, agás no caso de entidades solicitantes de natureza fundacional legalmente constituídas que entre os seus fins inclúan actuacións destinadas á xuventude.
    • A/as entidade/s solicitantes de programas da liña VI deberán estar inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social.
  2. Carecer de ánimo de lucro.
  3. Figurar nos estatutos da entidade solicitante que os seus fins institucionais corresponden á realización e a execución de programas sociais de similar natureza á dos programas para os cales solicita a subvención.
  4. No caso de entidades que formen parte de federacións, confederacións ou outras formas de agrupación con personalidade xurídica de entidades sociais de ámbito autonómico, a solicitude das axudas realizarase a través da entidade en que estea integrada.
  5. Acreditar experiencia e especialización durante un prazo mínimo de 2 anos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, na xestión e execución de, cando menos, un programa dos definidos na mesma liña do anexo I a que concorre, e que se posúen os medios persoais e materias necesarios para iso mediante declaración responsable do representante legal.
Voltar