Convocante
Presidencia da Xunta de GaliciaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto a realización dos seguintes programas
- Programa A. Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural.
- Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade. No caso de federacións de comunidades e/ou entidades, deben contar cun local social diferenciado do das entidades asociadas.