Convocante

Presidencia da Xunta de Galicia

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto  a realización dos seguintes programas

  • Programa A. Axudas para obras, adquisición de instalacións e conservación do patrimonio cultural.
  • Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade. No caso de federacións de comunidades e/ou entidades, deben contar cun local social diferenciado do das entidades asociadas.

Volver