Convocante
Concello de LalínPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto das subvencións reguladas nas presentes bases é a concesión de axudas a clubes, entidades deportivas ou persoas físicas que non compitan a través de clubes, que estean federados e que teñan como fin facilitar e fomentar a participación cidadá en distintas actividades de carácter deportivo dentro do termo municipal de Lalín.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas subvencións as asociacións ou clubes deportivos, legalmente constituídos, así como as persoas físicas que teñan especial relevancia no mundo do deporte e que non compitan a través de clubes, sempre que cumpran os seguintes requisitos publicados nestas bases.