Convocante
Concello de OurensePublicación
Boletín Oficial de Ourense
Obxecto
O obxecto destas bases é subvencionar actividades en materia de xuventude dirixidas a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos, a realizar durante todo o ano en curso.
Entenderase como actividades puntuais subvencionables as seguintes:
- Actividades dirixidas ao fomento e a participación do
colectivo mozo e que se desenvolvan e realicen no termo municipal de Ourense. - Programas de dinamización e animación xuvenil, sociocultural, psicosocial, de carácter formativo ou de prevención de condutas de risco.
- Actividades de tempo libre e de lecer.
- Actividades relacionadas coa diversidade intercultural.
- Actividades para o fomento do espírito emprendedor e para incentivar os valores de creatividade, iniciativa, responsabilidade e innovación na educación e formación dos/as mozos/as.
- Actividades de mobilidade xuvenil.
Beneficiarios
Poderán solicitar a subvención as entidades ou asociacións que reúnan os requisitos xerais:
- Ser asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude, ou aquelas que poidan acreditar a existencia dunha sección xuvenil nos seus estatutos ou canles de actuación, que estean inscritas no Libro de Rexistro do Concello de Ourense e que dispoñan de estrutura suficiente para garantir o cumprimento das actividades proxectadas, sen prexuízo da obriga de acreditar a experiencia e capacidade necesaria para o logro de tales obxectivos.