Convocante
Axencia Galega de Desenvolvemento RuralPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
O obxecto destas axudas é:
- A adquisición de bens de equipamento inherentes á actividade empresarial que están desenvolvendo as empresas existentes, co fin de mellorar, ampliar ou modernizar as súas estruturas de produción e/ou servizos.
- A posta en marcha de novas actividades empresariais de carácter non agrícola nas aldeas modelo declaradas con anterioridade á publicación destas bases reguladoras.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios de estas axudas:
- Microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais.
- Persoas físicas que residan nunha zona rural.
- Titulares dunha explotación agraria ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.