Convocante

Consellería de Política Social e Xuventude

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2023 das axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado pola Consellería de Política Social e Xuventude .

Liñas de actuación:

  • Liña I. Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica
  • Liña II. Actuacións de inclusión social
  • Liña III. Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas con iscapacidade
  • Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de aten estinados a persoas con discapacidade
  • Liña V. Actuacións destinadas á xuventude
  • Liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado
  • Liña VII. Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas aiores
  • Liña VIII. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de tención destinados a persoas maiores ou a persoas dependentes

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os seguintes requisitos, sen prexuízo de cumprir os requisitos específicos establecidos no artigo 5 para cada liña de actuacións que se subvencionan, se é o caso:

  1. Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico.
  2. Carecer de ánimo de lucro.
  3. Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
  4. Figurar nos estatutos da/das entidade/s solicitante/s que os seus fins institucionais son a realización e a execución de programas sociais de similar natureza á dos programas de interese xeral para fins de carácter social para os que solicita/n a subvención.
  5. Acreditar experiencia e especialización durante un prazo mínimo de 2 anos, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, na xestión e execución de, cando menos, un programa dos definidos na mesma liña do anexo I a que concorre, e que se posúen os medios persoais e materias necesarios para iso mediante declaración responsable do representante legal.
Voltar