Convocante

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas subvencións  teñen por obxecto a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións,  as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, así como as federacións de comerciantes e as asociacións profesionais de artesáns, que en todos os casos cumprirán ademais os seguintes requisitos:

a) Comerciantes retallistas:

  • Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
  • Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea , empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
  • Que estea dado de alta nalgúns dos epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante.

b) Titulares de obradoiros artesanais:

  • Que o obradoiro artesán figure inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  • Que fagan uso da marca «Artesanía de Galicia».

c) As federacións de comerciantes sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) As asociacións profesionais de artesáns de Galicia legalmente constituídas.

  •  Que polo menos 10 dos seus membros figuren inscritos no Rexistro Galego de Artesanía.
Voltar