Convocante

Concello de Vigo

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estás axudas están dirixidas a fomentar o emprego, co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía, xa que ten dentro das súas propostas para estes anos de crise, acadar mediante a contratación directa o maior número de postos de traballo reducindo a porcentaxe de desempregados e desempregadas na nosa cidade, unha das formas para acadar este obxectivo entre outras é a colaboración coas organizacións con presencia na cidade de Vigo, de tal xeito que se mellore a prestación de servizos de información, formación e asesoramento as persoas en situación de desemprego cara a busca de emprego, o autoemprego e o fomento do emprendemento.

Beneficiarios

Poderán solicitar subvencións e obter a condición de beneficiarios as entidades, sen ánimo de lucro, que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.
  2. Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases.
  3. Que, conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras, as entidades deportivas, teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas presentes bases, e que veñan desenvolvendo actividades de promoción do deporte, cando menos nas ultimas duas tempadas deportivas.
  4. Que dispoñan dunha estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesaria para acadalos.
  5. Que teñan debidamente xustificadas en tempo e forma axudas outorgadas nesta área do Concello de Vigo na convocatoria anterior.
  6. Que acrediten que se atopan ao corrente no cumprimento das súas obrigastributarias, co Concello de Vigo, coa Seguridade Social mediante a presentación das correspondentes certificacións.
Voltar