Convocante
Consellería de Economía, Emprego e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán para o ano 2019.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias/os das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas/os solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
- Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
- Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns deGalicia legalmente constituídas en que cando menos 10 dos seus membros figuren inscritos na sección segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
- Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.