Convocante
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e UniversidadesPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
O obxecto desta orde é a presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego dos centros públicos de ensino de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, promovidos polos equipos de dinamización da lingua galega ou polo profesorado responsable do proxecto naqueles centros de ensino que conten con menos de seis unidades, durante o curso escolar 2022/23 (PL500A), e o establecemento de axudas que apoien o seu financiamento.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas os centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario.