Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto destas subvencións e a de apoiar  proxectos, programas e actividades para a igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista na provincia de Pontevedra durante o ano 2018.

Beneficiarios

Poderán beneficiarse destas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que desenvolvan as actuacións reguladas nesta convocatoria e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar inscritas na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.
  • Carecer de fins de lucro
  • Ter a súa razón social ou unha delegación na provincia de Pontevedra
  •  Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei
  • Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, a Facenda galega, a Seguridade Social e a Deputación
Voltar