Convocante

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para realizar actividades de impulso e fomento do cooperativismo e da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:

  • Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
  • Programa II. Oficinas locais de fomento cooperativo.
  • Programa III. Apoio ás entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades no marco da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a  economía social.

Beneficiarios

Poderanse acoller ás subvencións, sempre que cumpran as
condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda:

  1. As asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
  2. Os concellos de Galicia, a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios, dun consorcio local, ou dunha agrupación dun mínimo de catro concellos que pertenzan a unha mesma zona, nos termos e para as actuacións previstas no programa II.
  3. As fundacións e asociacións, as cámaras de comercio, as organizacións profesionais, empresariais e sindicais e outras entidades sen ánimo de lucro para as actuacións e nos termos previstos no programa III.
Voltar