Convocante
Concello de LugoPublicación
Boletín Oficial de Lugo
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento, durante o exercicio 2016, de programas e actividades de interese xeral e sectorial, así como para o mantemento, conservación e pequenas reparacións de infraestruturas, no desenvolvemento dos ditos programas e actividades, e que son tramitadas pola Oficina de Participación e Atención Cidadá.
Beneficiarios
Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas e domiciliadas no municipio de Lugo e figurar inscritas, cunha antigüidade de 3 meses, nos seguintes rexistros:
- As entidades que teñan a personalidade xurídica de asociación sen ánimo de lucro deberán figurar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Lugo.
- As entidades que teñan a personalidade xurídica de fundación deberán figurar inscritas nalgún rexistro público de fundación, xa sexa autonómico, estatal ou en ambos os dous.
- As entidades relixiosas deberán acreditar tal condición a través da inscrición nalgún rexistro público.
- Non ser debedoras da Facenda Pública, Autonómica e Concello de Lugo, e estar ao corrente das obrigas coa Seguridade Social.
- Non estar incursas en ningunha das prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
- Ter debidamente xustificados os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo, ou xustificación razoada do motivo do incumprimento da obriga de xustificar.