Convocante

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

O obxecto destas bases é a regulación da concesión de subvencións para a realización
de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior que executarán as entidades recoñecidas como axentes de cooperación para o desenvolvemento pola Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, ben individualmente
ou mediante unha agrupación de entidades.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

  • Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento.
  • Universidades.
  • Empresas e organizacións empresariaisç
  • Sindicatos.
  • Comunidades galegas no exterior.
  • Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de
    actividades de cooperación para o desenvolvemento.
Voltar