Convocante

Concello de Lugo

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

O obxecto de de esta orde é regular a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro , que desenvolven a súa actividade no eido dos servizos sociais para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo estes programas e actividades.

Beneficiarios

Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

  • Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo. Con carácter excepcional, tamén poderán incluírse aquelas entidades foráneas que pretendan executar, dentro deste termo municipal, un proxecto para o desenvolvemento de accións ou actividades que beneficien ás veciñas e veciños de Lugo que se encontren en situación de desvantaxe.
  • Figurar inscritas no Rexistro municipal de asociacións do Concello de Lugo ou no seu caso no Rexistro público de fundacións ou calquera outro rexistro público que proceda.
  • Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social.
  • Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo.
  • Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos en situación de desvantaxe. Asi como actividades e/ou programas que complementen a programación de animación sociocultural realizada dende o Concello de Lugo.
  • Non percibir, durante este exercicio económico, subvención municipal algunha das previstas nominativamente en 2016.
Voltar