Convocante

Concello de Lalín

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

O obxecto desta orde é a concesión de axudas a clubes, entidades deportivas ou persoas físicas que non compitan a través de clubes, que estan federados e que faciliten e fomenten a participación cidadá en distintas actividades de carácter deportivo dentro do termo municipal de Lalín. Para elo poderán subvencionarse actividades relacionadas coa participación en competicións deportivas, a organización e xestión de actividades deportivas e os gastos nos que incorran ditas entidades no desenvolvemento das súas actividades deportivas. Así mesmo, ao abeiro destas bases concederanse axudas a clubes e entidades deportivas para o fomento e promoción do deporte de base.

Beneficiarios

Poderán solicitar as subvencións as asociacións ou clubes deportivos,   legalmente constituídos, así como as persoas físicas que teñan especial relevancia no mundo do deporte e que non compitan a través de clubes, sempre que cumpran os seguintes requisitos na data de aprobación destas bases:

  • Estar federados.
  • Estar inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións na data de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Desenvolver as súas actividades total ou parcialmente no termo municipal de Lalín.
  • Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Lalín.
  • Estar ao corrente das súas obrigas tributarias, de Seguridade Social e co Concello de Lalín.
  • Os clubes deberán ter o domicilio social no termo municipal do Concello de Lalín.
  • As persoas físicas deberán estar empadroadas no Concello de Lalín na data de publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.
Voltar