Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Constitúe o obxecto destas bases a regulación da concesión de subvencións públicas destinadas a promover actuacións e actividades de carácter turístico durante o ano 2016 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Carecer de fins de lucro
  • Ter o domicilio social na provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra desta cando a actividade para a que se solicita a subvención teña interese para a provincia.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter débedas pendentes de pago coa Deputación de Pontevedra.
  • Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Non manter incumprimentos de obrigas derivadas de subvencións concedidas pola Deputación de Pontevedra.
Voltar